ACERCA DE NÓS

Miraxe S.Coop Galega nace como un proxecto onde primen as persoas e a calidade humana, facendo da nosa profesión un lugar profesional e ameno para traballar. Tódolos socios e socias que conforman este proxecto son profesionais altamente cualificados con unha formación en permanente renovación, e sobre todo, con ganas de aprender e mellorar.

Miraxe somos: Daniel Abalo, Felipe Alcalde, Francisco Javier Baldomir, Ricardo Barroso, Carlos Boado, Antón Cabado, Xabier Carnota, Pablo Cepeda, Raquel Chantada, Pablo Falcón, Breixo Giraldo, Raúl Giraldo, Victor Iglesias, Sergio López, David Martínez, Jose Manuel Moldes, Xurxo Piñeiro, Rosa Salgado, Fidel Vázquez e Borja Villaronga.

ÁREAS TÉCNICAS

son iluminación produccion

SON

Contamos con recursos humanos para a montaxe, axuste, medición, predición sonora e realización de calquera tipo de evento, concerto ou festival.

ILUMINACIÓN

O noso departamento de iluminación conta con deseñadores, operadores, técnicos de montaxe e departamento de fotografía e render.

PRODUCIÓN

Dende pequenos eventos a grandes concertos pasando por festivales e obras de teatro. Producións integras ou solucións técnicas; Todo o que precises, está en Miraxe.